|
Benvidos á páxina electrónica do Concello de Melón, páxina froito do esforzo de tódolos seus cidadáns para dar lle a coñecer ó mundo enteiro a fermosura das nosas terras e xentes.
Enorgulléceme poder abrirlles unha fiestra ó noso Concello, onde vostede poida coñecer parte da nosa historia, os nosos monumentos relixiosos, naturais e antropolóxicos, así coma tódalas nosas festas de carácter relixioso, cultural e gastronómico.
|
As vías de comunicación, infraestructuras e benestar das miñas xentes son as fontes das miñas inquedanzas. Estamos a mellorar e impulsar tódolos axentes socio-económicos mediante un Estudio de Dinamización do Concello e co Programa Vivenda , dirixidos a catro grandes eixes:
• Xestión dos Recursos Naturais
• Poboación e Calidade de Vida
• Dinamización da Actividade Económica
• Proxección do futuro Parque Empresarial
Espero que disfruten do noso Concello e reciban un cordial saúdo. |